Por defender os intereses dos veciños da Parroquia de Mos o noso veciño, Jorge F., está citado a declarar no Xulgado de O Porriño a raíz dunha denuncia presentada contra él por Ramón L., Ramón B. e J. Carlos C.

Os denunciantes, na Asemblea Informativa do día 1 de Febreiro, víronse enfrontados a máis de 250 veciños que lles pedían insistentemente a dimisión por non decir a verdade, por falta de transparencia na xestión e por querer entregarlle o noso Pazo ao Concello con engaños.

Cabreados por non conseguir entregar o Pazo, algo polo que teñen un extraño e enorme interés, tomaron a Jorge como obxeto das súas represalias.

Dende o Movemento Pola Defensa do Pazo manisfestamos públicamente a nosa repulsa a esta maneira  de obrar, impropia entre veciños, e manifestamos tamén o noso apoio incondicional a Jorge, pois Jorge somos todos.

 

 

Movemento Pola Defensa do Pazo