O venres 16 de xaneiro de 2009 fixemos a primeira manifestación no Pazo de Mos con motivo da reunión que a Comunidade de Montes tiña convocada para ás 20:30 h. e onde non só, como asociación integrante da Fundación, se ía falar do tema da "suposta proposta" do novo equipo de Goberno municipal para instalarse no Pazo, senón que ademais, os membros directivos deberían posicionarse a favor ou en contra, (dicimos "suposta proposta" porque como a mesma alcaldesa dixo, ela sempre entendeu que dende a Fundación se lle facía tal ofrecemento e incluso foran algúns membros da mesma quen lle solicitaban unha reunión). O final, gañou por maioría que a Comunidade de Montes non sería favorable a este "suposto ofrecemento".
A continuación desta primeira reunión, tocaba debater o mesmo tema no Patronato da Fundación Pazo de Mos. Era de esperar entón que aqueles membros da Comunidade de Montes, que representan a dita entidade na Fundación, fosen coherentes coa decisión anteriormente tomada, pero non foi así. Estes dous membros alegaron que alí non representaban a ninguén máis que a eles mesmos, e isto sumado a que na Asociación de Veciños Sta. Baia nunca falaran do tema, foi o que bloqueou unha continuación do debate pospoñéndoo para máis adiante.
Era a primeira vez que tomabamos esta medida de presión popular, e serviunos para:
1º Desenmascarar ós principais promotores deste tema, que se estaba facendo de costas ós veciños e a moitos dos membros e representantes da Comunidade de Montes, Asociación de Veciños, do Círculo e da mesma Fundación .
2º Démonos conta de que temos un grande respaldo dos veciños porque a pesares de que a convocatoria da manifestación non foi moi difundida, o boca a boca fixo que moitos veciños se interesasen polo que está a acontecer e nos mostrasen o seu apoio.
3º Agora, sabemos que as nosas sospeitas eran certas, e quedou claro o interés persoal do Presidente da Fundación en traer o Concello para Mos sexa onde sexa. Agora que meteu a parroquia na discordia, cando estabamos todos tranquilos e orgullosos de ter por fin un lugar fermoso onde estar todos..., imos seguir a loita porque non podemos permitir que nos arrebaten, unha vez máis, un anaco da nosa identidade.
Grazas a todos os que nos apoiades.

negocio??
Lo que en realidad se voto en la reunion de la fundacion fue si se queria convocar a los vecinos para que dijesen si quieren que el ayuntamiento venga para el pazo. Lo mismo que se voto ayer en la reunion de la AAVV. Pero tranquilos, podeis poner lo que os venga en gana...
A palabra negocio igual non era a máis apropiada e xa foi sustituída.
Por outra banda podemos supoñer que as distintas directivas, escollidas polos seus socios ou comuneros, poden pronunciarse sobre a cuestión e se acordan por maioría (comunidade de Montes e Círculo) que non se debería negociar o Pazo, os membros que os representan na Fundación non poden saltarse a vontade dos que os escolleron para tal representación. E cuestión de coherencia.
Por certo, onte na A.V.V. non se chegou a botar nada.
Moitos chegamos a confiar na boa vontade dalgúns, pero démonos conta que para eles hai intereses que se poñen por riba do que sexa. E por iso, agora pretendemos que os veciños saiban a verdade das cousas. Non somos nós os que creamos este problema que se puido ter evitado se non se falase con medias verdades.
El problema es que vuestra version no es toda la verdad. Y no podeis usar como argumentos rumores. Yo tampoco se exactamente a ciencia cierta exactamente lo que se dijo en cada momento de las reuniones. Pero no creo que haya ningun interes personal por parte de nadie.
Por otro lado, espero que os alegre saber que parece ser que los vecinos al final si que van a ser convocados para decidir si el ayuntamiento viene al pazo o no.